Sábado, 7 Xuño de 2025

Ponteareas acolleu o Campionato Galego de Longa Distancia

O domingo 12 de decembro disputábase, na piscina – 25 metros – do complexo deportivo Álvaro Piñeiro de Ponteareas, o Campionato Galego de Longa Distancia. O CN Galaico, Pontevedra, fíxose coa vitoria nas clasificacións individual masculina e feminina e como consecuencia alzouse tamén co título de Campión galego de longa distancia en categoría conxunta. Acompañaron no podio conxunto o CN Ferrol, no segundo chanzo, e o CN Ponteareas en 3ª posición.

Na piscina do condado déronse cita os nadadores de longa distancia máis destacados, que afrontaban 2 km (os máis novos) e 3km (os máis veteranos). A pesar destas distancias, algunhas probas concluíron con poucos segundos de diferenza entre os primeiros clasificados, que se decidiron nun emocionante sprint final.

Á entrega de trofeos acudiron, na sesión de mañá, o presidente da Federación galega de natación, Carlos Touriño e na sesión de tarde, Miguel Bouzó, concelleiro de Deportes do Concello de Ponteareas.

[su_image_carousel source=”media: 50420,50419,50418,50417,50416,50413″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Nas mulleres, os podios quedaron establecidos da seguinte forma:

Distancia 2000m

Categoría infantil

  • Lucía Vilarnovo (CN Ferrol), Inés Mourenza (CN Portamiñá) e María Álvarez (CN Rías Baixas)

Distancia 3000m

Categoría Júnior-1

  • Alicia Bouza (CN Galaico), Iria Lemos (CN Ponteareas) e Sofía Carballo (CN Ponteareas)

Categoría Júnior-2

  • Paula Otero ( CN Arteixo), Eva Pardo ( CN Ferrol) e Andrea Domínguez ( CN Ponteareas)

Categoría Absoluta

  • María de Valdés (CN Liceo), Ana Pérez (CN Galaico) e Ana Veiga (CN Arteixo)

Na Categoría masculina, os podios quedaron conformados:

Distancia 2000m

Categoría infantil

  • Teo Alonso (CN Rías Baixas), Xoel Cubeiro (CN Liceo) e Sergi Navarro (CN Ferrol)

Distancia 3000m

Categoría Júnior-1

  • Mario Méndez (CN Rías Baixas), Santiago Avilés (AD Fogar)

Categoría Absoluto

  • Cristian Fernández (CN Galaico), José Moure (CN Ourense) e Lucas Fernández (CN Ponteareas)

A próxima cita autonómica será o campionato de natación absoluto, a final de mes, que pechará o calendario competitivo deste ano.

Pola súa banda, a piscina municipal de Ponteareas e o CN Ponteareas despídense cun ata logo das competicións, debido a que volverán acoller e organizar a primeira cita galega do 2022, o campionato galego Máster, programado para a fin de semana do 15 e 16 de Xaneiro. A comarca do condado, epicentro deportivo do sur de Pontevedra.