11.9 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiCharlas informativas sobre compostaxe este xoves e venres na aula CEMIT de...

    Charlas informativas sobre compostaxe este xoves e venres na aula CEMIT de Tui

    Mañá xoves haberá un posto informativo no mercado semanal

    Explicar o Plan Municipal de Compostaxe do Concello de Tui será o obxectivo das dúas charlas informativas previstas para mañá xoves e o venres na aula CEMIT, na Área Panorámica, a cargo da mestra composteira Sara Luque. Son charlas abertas a toda a cidadanía nas que se solucionarán todo tipo de dúbidas.

    Será mañá xoves ás 19 h e o venres ás 11 h. Nas mesmas explicarase o Plan Municipal de Compostaxe, como compostar en composteiros individuais ou nos centros de compostaxe comunitaria. Tamén se resolverán dúbidas sobre que se pode votar nos composteiros, cómo facelo, coma é o proceso…

    Previamente mañá xoves, de 9.30 a 13.30 h, haberá un posto informativo sobre compostaxe no mercado semanal, no que as persoas que se acheguen poderán resolver as súas dúbidas, levar un agasallo ou unha bolsa con compost.

    Centro de Compostaxe Comunitaria prolongación rúa Casal Aboy

    Tui conta nestes momentos con catro centro de compostaxe comunitaria situados na traseira da Área Panorámica, na rúa Tenencia, a carón da praza de abastos, e na prolongación da rúa Casal Aboy.

    No Plan Municipal de Compostaxe figuran rexistrados máis de 200 composteiros individuais unha cifra que se incrementará até finais de ano xa que está previsto repartir 300 composteiros máis entre a poboación que o solicite.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.