Domingo, 4 Maio de 2025

O Club Bádminton Tui fíxose con 8 medallas esta fin de semana

Este domingo, día 19 de setembro, celebrouse o TTR Sub15 Sub19 TUI de bádminton. Esta trátase dunha competición puntuable de cara ao ranking nacional. O encontro tivo lugar no Pavillón do IES San Paio en Tui.

A cita reuniu a preto de 70 deportistas que acudiron desde partes de toda Galicia, polo que a convocatoria foi todo un éxito. Con todo, a competición comezou de xeito puntual ás 10:00 horas da mañá e, debido á alta participación, alongouse ata ás 20:00 horas da tarde.

Nesta ocasión, partitiparon un total de 10 deportistas do Club Bádminton Tui e que entre eles conseguiron un total de 8 medallas. Pese a que Lía Salvado, Anxo Fernández e Telmo Portela non obtiveron ninguna medalla, tamén realizaron un moi bo torneo.

O podium de medallas dos xogadores de Tui foi o seguinte:

  • ? Oro para Daniela Sanz e Bruno Fernández en DX19
  • ? Oro para Andrea Pérez e Laura Seijo (Athlos) en DF19
  • ? Bronce para Sonia Navas e Jessica Santos en DF19
  • ? Bronce para Xavier Areal e Hugo D. (A Estrada) en DM19
  • ? Bronce para Daniela Sanz en IF19
  • ?Bronce para Marta de Ocampo e Antón López (CER Vigo) en DX15

Cabe destacar que, coma sempre, o encontro contou con todas as medidas necesarias de seguridade sanitaria ante Covid-19.

[su_image_carousel source=”media: 45015,45016,45018″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]