11.6 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaAs ruínas de San Domingos e a Praza do Edificio Castelao, escenario...

    As ruínas de San Domingos e a Praza do Edificio Castelao, escenario dos sons da Prehistoria e a música inventada

    O músico Silverius de Ura dará dous concertos en Pontevedra o vindeiro xoves 16 misturando tecnoloxía e harmonías vogais antigas

    O Museo de Pontevedra vai acoller o vindeiro xoves 16 de setembro dous concertos de ‘Neønymus’, un proxecto musical de Silberius de Ura que levará ás persoas participantes a pasar dos sons da Prehistoria á ‘música inventada’. Serán dous eventos singulares, ‘Historia inventada de música inventada’ para público familiar ás 16.30h na praza do Edificio Castelao, e ‘Ecos da Prehistoria’ ás 21 horas nas Ruínas de San Domingos. Para asistir a calquera deles é preciso reservar praza previamente en reservas.museo@depo.gal, xa que o aforo é limitado.

    Nos concertos de Neønymus, caracterizados por ser eventos cativador e sorprendentes, Silberius de Ura crea en directo unha moi persoal mestura de voces, sons e pequenos instrumentos, utilizando unha atrevida combinación de tecnoloxía e harmonías vocais de música antiga, chegando a parecer imposible que unha soa persoa sexa capaz de encher máis dunha hora con música dunha enorme intensidade e riqueza tímbrica e rítmica.

    Neønymus é quizá unha proposta musical única. O seu espectáculo traslada ás persoas asistentes a lugares imaxinarios que recrean paisaxes sonoras da antigüidade, ás veces cunha enorme carga emocional e un notable sentido de transcendencia: son unha viaxe exploratorio pola intimidade cultural e espiritual do ser humano, pero condimentado con humor e múltiples relatos.

    Ata o de agora, Neønymus ofreceu máis de 600 concertos en España, Francia, Rusia, Italia e Portugal, moitos deles en lugares moi singulares: Mosteiros, ermidas, covas paleolíticas, castelos en ruínas e tamén en museos ( MAN, MUPAC, MEH, MECyL, MUSAC, etc.), teatros e conservatorios de música. Tamén concertos didácticos en centros de ensino e centros culturais.

    Silberius de Ura (o artista detrás de Neø nymus) comezou o seu proxecto musical en solitario en 2010, tras recibir distintas influencias e inspiración dos artistas noruegueses que pasaron por Covarrubias, Burgos (o seu lugar de residencia), durante os últimos eventos de Notas de Noruega. Non en balde, a “ø” barrada do seu nome, é unha homenaxe tanto a esta influencia, como á existencia da princesa norueguesa Kristina Hå konsdatter, enterrada en Covarrubias.

    Silberius de Ura criouse dacabalo entre a cidade de Burgos e unha pequena aldea (Ura) situada nun val agreste, sen electricidade nin auga corrente nas casas, e onde o único acceso con vehículos era por un camiño en mal estado. Quizá este contraste entre a modernidade do século XX e unha forma de vida rural austera e case medieval, sexa o motivo da fascinación de Silberius pola comuñón do tecnolóxico co primitivo.

    O seu disco “Ø”, gravado no mosteiro de Santo Domingo de Silos, converteuse en número 1 de vendas en Amazon e iTunes España. En 2018 recibiu o premio ao Mellor Espazo Sonoro no prestixioso Festival Europeo de Artes Escénicas FETEN, pola música composta para a obra teatral “En busca do lume”, da compañía Arawake Theatre. O seu BSO da serie de TV “Conquistadores Adventvm” foi finalista a nivel mundial nos recoñecidos premios MUSIC & SOUND AWARDS 2018 competindo contra Hans Zimmer, que foi o gañador.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.