13.1 C
Pontevedra
Xoves, 2 de Maio de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondarizAberto o prazo de inscrición para o escape room urbano de Mondariz

    Aberto o prazo de inscrición para o escape room urbano de Mondariz

    O epicentro deste escape room urbano, programado para o vindeiro 7 de agosto ás 21:00 horas, será a Praza de Mondariz

    Xa está aberto o período de inscrición para a actividade de escape room urbano no Concello de Mondariz, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) a través de Territorio Comanche. Baixo o nome de “Estrelas”, este escape room urbano ofrecerá diversión á mocidade mediante unha serie de probas que xirarán tematicamente arredor das contribucións das mulleres na historia da humanidade. En concreto, está concebida como unha homenaxe a oito mulleres pioneiras, valentes, independentes e extraordinarias que, de xeito moi diverso, deixaron unha pegada de progreso na historia da humanidade, mesmo poñendo en risco as súas propias vidas.

    É unha actividade por equipos (3-5 persoas), dirixida a mozos e mozas de 12 a 17 anos, que estará dividida en charla técnica, orientación, escape room e gran proba final. Requerirá enxeño e traballo en equipo.

    Para inscribirse, hai que contactar coa OMIX de Mondariz a través de correo electrónico (omix@mondariz.gal) ou teléfono (680 964 461) até o día 4 de agosto. De seren completadas as prazas dispoñibles, non obstante, o período de inscrición podería pecharse antes.

    Dentro da programación de verán, esta actividade compleméntase con outras que tamén levan o selo de calidade de Territorio Comanche, como a proba de orientación familiar Aventura-Tea e a proba de orientación nocturna Orienta-Tea. Aventura-Tea 2021 reuniu o pasado 17 de xullo a 150 persoas de diferentes idades na praia fluvial do Val. Orienta-Tea 2021, que este ano cambia de ubicación, está programada para o 11 de setembro. Todas requiren inscrición previa de equipos na OMIX de Mondariz, polo que é recomendable estar atentas ás redes sociais do Concello de Mondariz para máis información sobre estas actividades.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.