11.6 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeA ParadantaA CañizaLuis Piña recepciona as obras da Fase I do proxecto de urbanización...

    Luis Piña recepciona as obras da Fase I do proxecto de urbanización do Vieiro na Cañiza

    Hoxe o alcalde da Cañiza, Luis Piña, acompañado dun técnico da Deputación Provincial e do Técnico de Urbanismo do Concello, recepcionou esta 1ª Fase do Plan de Sectorización  2012 de promoción privada do Vieiro.

    Esta Iª fase cun investimento de 481.996,54 €, desarrollou 20.534, 92 m2 do proxecto, é dicir, o 34,3% da obra total, permitindo xa que se poidera edificar na parcela 1, a 2 e casi na totalidade da 4.

    A urbanización atópase situada nun enclave privilexiado, a menos de 200 m do acceso a Autovía A52 Rías Baixas con conexión a Vigo e Ourense e a menos de 500 m. do casco urbano da Cañiza. Conta con 4 viais e conecta directamente coa estrada provincial 5005 pola zona sureste.

    Pavimentouse a totalidad o estacionamento así como os primeiros 156,09 m. do vial 1 e 81,44 m. do vial 2, ademáis de desbrozar o terreo e executar o rasanteo da explanada, Finalmente construíronse dúas rotondas para asegurar a funcionalidade desta Fase. A primeira rotonda cun radio total de 8 m e a segunda de 9,5 m.

    Construíronse os drenaxes e saneamentos necesarios, executáronse sumidoiros, pozos, colectores, redes separativas de pluviais e saneamento.  Tamén os regos e abastecementos e rede eléctrica e alumeado público así como todo o sistema de telecomunicacións.

    A partires deste momento xa se pode comenzar co desarrollo dos 23.496,52 m2 da II Fase tamén cun prazo de execución de 12 meses e que supón  o 39,2 % da obra total, permitindo que xa se poida urbanizar na parcela 1, na 6, gran parte da parcela 5 e na metade da 7 ( esta última destinada a dotación pública).

    Na II fase cun investimento de 429.701,43 € pavimentarase o resto do vial 1, a totalidade da rotonda, os primeiros 86,17 m  do vial 3 así como os primeros 69,64 m do vial 4.  Na parte de servizos tamén se desenvolverán as correspondentes obras de saneamentos, abastecementos, rede eléctrica e alumeado público e telecomunicacións.

    Xa na execución da Fase III, tamén con 12 meses de prazo, desenvolvéranse os 15.866,84 m2  finais, o 26,5% da obra total, poidendo ser urbanizadas todas as parcelas e cun investimento de 621.897,14 €.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.