Domingo, 4 Maio de 2025

Feira de antigüidades e concerto do cuarteto de saxofóns ‘Lítore. Proxecto Alén’, dúas propostas do Baiverán para esta fin de semana

Este sábado 17 de xullo o Paseo Pinzón de Baiona acollerá durante todo o día unha Feira de antigüidades e coleccionismo onde, nos diferentes postos, veciñanza e visitantes poden atopar dende libros antigos ata mobles, obxectos de decoración, pintura, reloxos antigos, moedas e obxectos varios. Desde as 09:00 ata as 21:00 h.

Todas aquelas persoas que se acheguen a gozar da feira de antigüidades, que estará aberta de 09:00 horas a 21 horas, deberán seguir as medidas indicadas polas autoridades sanitarias como son a utilización de máscara nos espazos públicos e manter a distancia de seguridade.

Concerto de ‘Lítore. Proxecto Alén’

O domingo 18 de xullo, os xardíns do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública acollerán o concerto do cuarteto de saxofóns ‘Lítore. Proxecto Alén’ ás 13:00 h.

Lito Quartet é grupo integrado por por Jaime Estévez (saxofón soprano), Sira Pellicer (saxofón alto), Hugo Lomba (saxofón tenor) e Miguel Flores (saxofón barítono).