Esta pasada fin de semana tivo lugar o Campionato Galego de Bádminton sub 9/sub 19, que organizaba o Club Bádminton Ponteareas e a Federación Galega de Bádminton. A organización tamén contou coa axuda da Deputación de Pontevedra, o Servizo de Deportes da Xunta de Galicia e o propio Concello de Ponteareas.
Este Campionato foi moi importante xa que era o último antes de afrontas as vacacións de verán. A organización foi todo un éxito, ya que participaron un total de 60 deportistas e xogáronse preto de 100 partidos ao longo da fin de semana.
Desde o Club Bádminton Ponteareas quedaron moi satisfeitos cos resutados, ya que todos os seus participantes sub 9 entraron no podium, onde Inés Lemos proclamouse Campiona Galega sub 9 nas tres modalidades nas que participou.
Dende o Club queren dar a noraboa a todos os participantes polo seu bo comportamento e pola súa entrega, facendo unha mención especial ao corpo arbitral e a Protección Civil.
Inés Lemos ?Individual Feminino ?Dobres Femininos ?Dobres Mixtos Roi Vilchez ?Individual Masculino ?Dobres Masculinos ?Dobres Mixtos Eva Lemos ?Individual Feminino ?Dobres Femeninos ?Dobres Mixtos Marta Ucha ?Individual Feminino ?Dobres Femininos Mario Souto ?Dobres Mixtos ?Dobres Masculinos Uxía Castro ?Dobres Femininos
