Venres, 9 Maio de 2025

Os certificados do padrón de Redondela xa se poden descargar desde a súa sede electrónica

O Concello de Redondela vén de incorporar aos seus servizos telemáticos, a obtención do volante de empadronamento. Con este novo trámite na súa sede electrónica, Redondela segue a apostar pola modernización e dixitalización dos trámites administrativos e cidadáns.

Para obter o padrón deste xeito, o veciño ou veciña só ten que dispor dun sistema de autentificación dixital. Os admitidos na web do Concello de Redondela son o certificado dxital, DNIe, sistema concertado de Cl@ve ou sistema eID da Unión Europea.

Unha vez dado de alta nun destes sistemas, o cidadán só ten que dirixirse á páxina web de información xeral do Concello de Redondela, e clicar na sección ‘Acceso sede electrónica’. Dentro desta páxina, entrar en ‘Servizos electrónicos’ e na opción padrón. Unha vez xestionado, só quedará engadir o correo electrónico do solicitante para que lle chegue o seu volante pulsando na opción ‘solicitar’.