Esta fin de semana pasada foi moi especial para o Club Bádminton Tui. O club participou no Campionato de España 2010+ con seis dos deportistas máis novos. A actividad desenvolveuse seguindo os protocolos marcados pola Covid19.
O obxectivo desde campionato era o de vivir unha experiencia nova para todos eles, lembrando sempre que o principal é divertirse e gozar.
Pero as novas promesas non quedaron aí, porque ademais xogaron e pelexaron cada partido, logrando uns moi bos resultados, e moi especialmente as dúas nenas, que se alzaron coa que sería a primeira medalla nun Campionato de España para o club en categorías inferiores.
Mariña García Martínez e Alexia Pérez Vila, subíronse ao podio para recoller unha merecida medalla de bronce, o que fai ao club sentirse moi orgulloso das xogadoras e dos seus compañeiros.
Completaron a expedición Iago Díaz-Ferros, Mikel Martínez, Martín Gándara e Teo Fernández. Agora toca seguir adestrando, mellorando, pero sobre todo gozando do Bádminton.
