Sábado, 3 Maio de 2025

O Centro de Interpretación do viño e a lamprea de Arbo, ‘Arabo’, recibe un ano máis o distintivo SICTED

O sistintivo foi recollido polo alcalde do Concello, Horacio Gil e o responsable do Museo Arabo, Guillermo Gayoso. O Museo leva dende o 2006, recibindo este distintivo de calidade.

O Pasado 26 de abril de 2021, celebrouse a I Gala de Calidade Turística no destino SICTED Condado-Paradanta, evento no que se entregou, un ano máis, o distintivo SICTED –que premia a excelencia e profesionalidade de empresas e servizos turísticos– ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea ‘Arabo’. O responsable do Museo Arabo, Guillermo Gayoso, recibiu o distintivo SICTED da man do alcalde de Arbo, Horacio Gil.

O centro de Interpretación do viño e a Lamprea Arabo, leva recibindo este distintivo de calidade dende o ano 2006. O distintivo “é o soporte que acredita o cumprimento dos requisitos establecidos na metedoloxía e recoñece o esforzo e compromiso de calidade e a mellora continua, a vez que distingue o establecemento frente a competencia”, destacou o alcalde Horacio Gil.

O Centro de Interpretación do viño e da Lamprea Arabo, e unha fiestra que permite que os visitantes descubran o que o Concello de Arbo pode ofrecer, ademais de transmitir a través dos paneis e os vídeos a verdadeira realidade e a historia do municipio.

No ano 2020 mellorouse o deseño, promoción e execución da actualización e mellora da exposición permanente do Centro de Interpretación da lamprea e do viño do Condado coa dotación de sistemas multimedia para o visionario de contidos de vídeo e interactivo: pantallas táctiles, monitores de vídeo e proxectores con novos videos, fotografía, grafismos, vídeo e contidos interactivos e redacción de novos textos.

O Museo Arbo, alberga un espazo cunha exposición permanente sobre a Festa da Lamprea, celebración que se remonta ao 16 de abril de 1961, data na que se celebra a primeira edición organizada por un grupo de veciños, funcionarios e restauradores do Concello a cargo da Comisión ‘Pro Homenaxe á Lamprea’. Nesta exposición permanente amósase o traballo realizado e a importancia desta xornada festiva e é tamén o recoñecemento a unha riqueza antiga e inmemorial que Arbo proporciona.

Según afirma o rexedor, Horacio Gil,  o municipio de Arbo “permite aos visitantes gozar dunha excelente enogastronomía, e a súa vez ofrece cultura, patrimonio e magníficos paisaxes. Arbo, cada vez, é un destino máis demandado polo público en xeral”.