O Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas acollerá este domingo 28 de marzo o Torneo TTR nas categorías sub 11 e absoluta de bádminton, que se disputará a porta pechada e seguindo os protocolos sanitarios correspondentes.
Na presentación do evento, na que participaron o director técnico do Club Bádminton Ponteareas, Víctor Lemos, e o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, salientouse que esta será a primeira competición autonómica de bádminton que se disputará en Ponteareas neste 2021, reunindo preto de 70 deportistas de toda a comunidade.
O Club Bádminton Ponteareas, que organiza o torneo xunto á Federación Galega de Bádminton e o Concello de Ponteareas, estará representado por 7 deportistas sub 11: Hugo Estévez , Hugo Iglesias, Martin Romero, David Sampedro, Roi Vilchez, María Giráldez e Inés Lemos.