Venres, 9 Maio de 2025

Rematadas as obras de mellora na estrada ao barrio de Esmoriz

As obras de mellora da seguridade vial na estrada municipal ao Barrio de Esmoriz na parroquia de Mourentan, están rematadas. Antes de iniciarse os traballos fixouse un prazo de execución de tres meses.

Este  novo investimento na mellora de camiños rurais responde as peticións  de agricultores e veciños e veciñas  da zona , e as obras acométeronse  por mor do mal estado do camiño de Esmoriz.

Estas obras que tiveron un custe total de 123.544,75 €.-, incluíron a ampliación, pavimentación, dotación de servizos e mellora do camiño existente ao barrio de Esmoriz.

O Concello de Arbo, tamén pretende, con este tipo de melloras das infraestruturas vinculadas ao servizo de abastecemento e saneamento municipal e dar un mellor servizo aos seus habitantes, polo que coa as obras rezlizadas, se implantou a rede de saneamento que non existía  en dito camiño.

O Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra. Una das súas prioridades e mellorar a seguridade viaria en todas as súas estradas, executando ensanches e mellorando o trazado nos tramos mais perigosos – informa o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil. Dende a chegada ao goberno municipal, atender as demandas  dos veciños e veciñas de Arbo, é o noso obxetivo principal e ás maís de 350 obras executadas avalan o noso compromiso cos arbenses – remata o rexedor.