Venres, 9 Maio de 2025

A Xunta convoca os exames ordinarios e extraordinarios de 2021 para o manexo de embarcacións de lecer e motos náuticas

As titulacións para as que se convocan os exames son patrón para a navegación básica, patrón de embarcación de lecer, patrón de iate, capitán de iate e patrón de motos náuticas A e B

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana as datas para a realización dos exames ordinarios teóricos e prácticos para obter os títulos que permiten manexar embarcacións de lecer e motos náuticas en Galicia. As titulacións para as que se convocan os exames son patrón para a navegación básica, patrón de embarcación de lecer, patrón de iate, capitán de iate e patrón de motos náuticas A e B. Para optar a elas realizaranse exames teóricos e prácticos nos centros oficiais de ensino pesqueiro da Consellería do Mar.

No caso de patrón para a navegación básica, os exames teóricos realizaranse o 10 de maio e o 6 de setembro; as probas teóricas de patrón de embarcación de lecer serán o 11 de maio e o 7 de setembro; e as de patrón de iate realizarase os días 12 de maio e 8 de setembro. Os exames prácticos destas tres titulacións realizaranse o 14 de maio e o 10 de setembro e todas estas probas terán lugar no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo e nas Escolas Oficiais Náutico-Pesqueiras de Ferrol e Ribeira.

En relación aos exames de capitán de iate, o teórico realizarase o 13 de maio e o 9 de setembro, e o práctico terá lugar o 14 de maio e o 10 de setembro. Os exames teórico e práctico de patrón de moto náutica A e B serán o 13 de maio nunha única convocatoria. Estas probas de capitán de iate e de patrón de moto náutica A e B realizaranse no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo. 

As persoas interesadas en presentarse aos exames teóricos e prácticos deberán solicitar a súa admisión mediante unha solicitude dirixida ao centro oficial de ensino pesqueiro onde realizará o exame. O modelo de solicitude figura como anexo I da resolución que publicou o xoves desta semana o DOG. Ademais na resolución poderán consultar os requisitos necesarios e a documentación complementaria que debe presentar coa solicitude. Para a convocatoria de maio poderán inscribirse do 5 ao 16 de abril, ambos incluídos, e para a de setembro o período de matrícula é do 12 ao 23 de xullo, ambos incluídos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.  Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Unha vez publicada a listaxe definitiva de aspirantes aos exames, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro nomeará os tribunais para a realización das probas, e indicará as horas dos exames no taboleiro de anuncios do centro de ensino e no portal web de formación da Consellería do Mar.  

Dada a situación sanitaria derivada da covid-19, e no caso de que nun ou en varios dos centros de ensino exista un número elevado de persoas inscritas para algunha das probas convocadas, poderase realizar o exame en varias quendas. Neste caso, unha vez publicada a lista definitiva de admitidos/as no portal web de formación da Consellería do Mar e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino, comunicaráselle ás persoas interesadas as quendas nas que se realizarán as probas.

A continuación móstranse as datas dos exames e os centros onde se efectuarán, tanto na súa convocatoria de maio coma na de setembro. Cabe recordar que, no caso de patrón de moto náutica A ou B, non hai convocatoria de setembro.

Convocatoria de maio de 2021

TitulaciónsExame teóricoExame prácticoCentros de ensino onde se realizarán os exames teóricos e prácticos
Patrón/Patroa para Navegación Básica10 de maio14 de maioInstituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo Avda. Beiramar, 55, 36202-Vigo Teléf. 886110825 / 886110826 Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol  (R/ 19 de Febreiro, 30-34, 15405-Ferrol. Teléf. 881938212 / 881938213) Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira (R/ dos Estudantes, 7, 15960-Ribeira. Teléf. 881866317 / 881866324)
Patrón/Patroa de Embarcacións de Lecer11 de maio14 de maioInstituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira
Patrón/Patroa de Iate12 de maio14 de maioInstituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira
Capitán/Capitá de Iate13 de maio14 de maioInstituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo
Patrón/Patroa de Moto Náutica “A” ou “B”13 de maio13 de maioInstituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Convocatoria de setembro de 2021

TitulaciónsExame teóricoExame prácticoCentros de ensino onde se realizarán os exames teóricos e prácticos
Patrón/Patroa para Navegación Básica6 de setembro10 de setembroInstituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo Avda. Beiramar, 55, 36202-Vigo Teléf. 886110825 / 886110826 Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol (R/ 19 de Febreiro, 30-34, 15405-Ferrol. Teléf. 881938212 / 881938213) Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira (R/ dos Estudantes, 7, 15960-Ribeira. Teléf. 881866317 / 881866324)
Patrón/Patroa de Embarcacións de Lecer7 de setembro10 de setembroInstituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira
Patrón/Patroa de Iate8 de setembro10 de setembroInstituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira
Capitán/Capitá de Iate9 de setembro10 de setembroInstituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Exames extraordinarios

Esta semana tamén se publicaron no DOG as datas para a realización dos exames extraordinarios teóricos das titulacións para o goberno de embarcacións de lecer. Estas probas extraordinarias son as que están destinadas ao alumnado matriculado nas escolas de navegación de lecer homologadas. Neste caso hai tres convocatorias e son estes centros os que se encargan dos trámites para poder presentar ao seu alumnado aos exames.

Para a convocatoria de abril destas probas as escolas de navegación de lecer poden inscribir ao seu alumnado desde o pasado venres ata o 16 de marzo, incluído; para a de xullo entre o 31 de maio e o 11 de xuño, ambas datas incluídas, e para a de decembro, o período de matrícula é do 25 de outubro ao 8 de novembro, ambos incluídos.

A continuación achéganse as datas destes exames teóricos e os centros onde se efectuarán:

Convocatoria de abril de 2021

TitulaciónsExame teóricoCentros de ensino onde se realizarán os exames teóricos
Patrón/Patroa para Navegación Básica12 de abrilInstituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo Avda. Beiramar, 55, 36202-Vigo. Teléf. 886 110 825 / 886 110 826   Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol R/19 de Febreiro, 30-34, 15405-Ferrol. Teléf. 881 938 212 / 881 938 213   Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira R/ dos Estudantes, 7, 15960-Ribeira. Teléf. 881 866 317 / 881 866 324
Patrón/Patroa de Embarcacións de Lecer13 de abrilInstituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira
Patrón/Patroa de Iate14 de abrilInstituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira
Capitán/capitá de iate15 de abrilAs persoas interesadas terán que dirixir as solicitudes o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo. O exame realizarase na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) Rúa Madrid, 2-4, Fontiñas 15707 -Santiago de Compostela.

Convocatoria de xullo de 2021

TitulaciónsExame teóricoCentros de ensino onde se realizarán os exames teóricos
Patrón/Patroa para Navegación Básica5 de xulloInstituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo Avda. Beiramar, 55, 36202-Vigo. Teléf. 886 110 825 / 886 110 826   Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol R/19 de Febreiro, 30-34, 15405-Ferrol. Teléf. 881 938 212 / 881 938 213   Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira R/ dos Estudantes, 7, 15960-Ribeira. Teléf. 881 866 317 / 881 866 324
Patrón/Patroa de Embarcacións de Lecer6 de xulloInstituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira
Patrón/Patroa de Iate7 de xulloInstituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Convocatoria de decembro de 2021

TitulaciónsExame teóricoCentros de ensino onde se realizarán os exames teóricos
  Patrón/Patroa para Navegación Básica  29 de novembroInstituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo Avda. Beiramar, 55, 36202-Vigo. Teléf. 886 110 825 / 886 110 826   Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol R/19 de Febreiro, 30-34, 15405-Ferrol. Teléf. 881 938 212 / 881 938 213   Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira R/ dos Estudantes, 7, 15960-Ribeira. Teléf. 881 866 317 / 881 866 324
Patrón/Patroa de Embarcacións de Lecer30 de novembroInstituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira
Patrón/Patroa de Iate1 de decembroInstituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira
Capitán/Capitá de Iate2  de decembroOs interesados terán que dirixir as solicitudes ao Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo. Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
Rúa Madrid, 2-4, Fontiñas 15707 -Santiago de Compostela