A Xunta de Galicia vai reforzar a atención á muller e o desenvolvemento de accións de prevención da violencia de xénero, fomento da conciliación e sensibilización na igualdade ao longo do presente exercicio nas bisbarras de Pontevedra e Caldas.
Estas iniciativas foron abordadas nunha xuntanza telemática celebrada esta mañá entre a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, coas responsables dos 17 centros de información á muller (CIM) da área territorial, na que se abordou o seu funcionamento e a posta a disposición de diferentes recursos por parte do Goberno galego para o presente ano.
Así, a Xunta seguirá sostendo axudas e recursos para a atención a vítimas de violencia de xénero, como as prestacións económicas, asistencia psicolóxica e xurídica, a través dos CIMs, así como a Rede de Casas de Acollida de Galicia entre outros recursos. Neste punto, concretáronse as novas iniciativas para previr e invervir ante a violencia machista, como consecuencia da covid-19.
Ademais, tamén vanse reforzar os programas de conciliación da vida familiar e laboral e ábrese a posibilidade de establecer vías de colaboración nesta materia cos concellos ao tempo que se manteñen operativos os centros de acollida e se potencia a colaboración coa Rede Galega contra a Trata para atender situacións de especial vulnerabilidade.
O Plan de Reforzo tamén inclúe a ampliación do bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero, chegando a Xunta a asumir o 100% do seu custo, e a actividade, as 24 horas do día, da atención telefónica a través do número 900 400 273. Tamén permanecerá operativo o asesoramento xurídico en liña e as terapias de apoio piscolóxico, nas modalidades presencial, telemática e telefónica, para todas as mulleres, con especial relevancia para as vítimas de violencia sexual.
A Xunta destinou o pasado ano case 200.000€ ao mantemento de dous centros de información á muller nos concellos da Guarda e Ponteareas e tamén ao desenvolvemento de ata 16 programas de equidade, conciliación e sensibilización e de loita e prevención contra a violencia de xénero.
Axudas de Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero 2020 CONDADO-A PARADANTA-BAIXO MIÑO
Entidade | CIM | Conciliacion | Prevención | Sensibilización | TOTAL |
Arbo | 8.121€ | 6.921€ | 15.042€ | ||
A Cañiza | 4.052€ | 4.052€ | |||
Covelo | 4.205€ | 4.205€ | |||
A Guarda | 45.000€ | 7.106€ | 3.590€ | 55.696€ | |
Mondariz | 8.000€ | 8.000€ | |||
Mondariz-Balneario | 5.915€ | 5.915€ | |||
As Neves | 12.000€ | 4.000€ | 16.000€ | ||
Oia | 7.986€ | 7.986€ | |||
Ponteareas | 38.765€ | 8.000€ | 46.765€ | ||
O Rosal | 6.678€ | 6.678€ | |||
Tomiño | 8.000€ | 8.000€ | |||
Tui | 12.000€ | 8.000€ | 20.000€ | ||
TOTAL | 198.339€ |