Domingo, 4 Maio de 2025

Arbo recupera o Muíño de San Xoan que sufrira serios danos por actos vandálicos

As obras ascenderon a 15.651,25 euros e foron acometidas por unha empresa local .

O Muíño de San Xoán, situado o carón da Ponte Románica de San Xoán e un dos lugares máis emblemáticos de Arbo, foi recuperado polo Concello tras sufrir numerosos danos provocados por persoa ou persoas descoñecidas. Os intrusos prenderon lume no interior o que provocou que as madeiras queimáranse e amais romperon cristais e xanelas, chans e teitos de madeira.

“O Concello de Arbo recuperou o muíño no ano 2017 –apunta o alcalde Horacio Gil– é con estas obras de rehabilitación recuperase un dos elementos situados nunha das zonas patrimoniais máis importante de Arbo”

A reparación foi financiada ao 100 % con cargo aos fondos propios do Concello, tras ingreso da compañía aseguradora realizado o día 1 de abril de 2020, que deu lugar ao correspondente expediente de contratación, que se viu parado polo Estado de Alarma. Cómpre salientar que o deterioro que estaba a sufrir o inmoble podería afectar a súa estrutura.

Os perigos que se apreciaban na zona eran evidentes e aínda que o Concello adoptou as medidas necesarias de seguridade –poñendo enreixado para evitar o acceso ao mesmo e sinalando a zona–, foron varias as ocasións nas que as mesmas estaban movidas ou desapareceron do lugar.

Horacio Gil, que condena estos feitos, lembra “que os bens municipais son de todos os arbenses, e debemos coidalos”. O rexedor sinalou que a empresa encargada da recuperación foi unha empresa local “sendo sempre prioridade deste Concello a contratación de obras, a empresas locais o que supón nestes momentos todavía de crise, unha reactivación da económia local”.