A Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas en colaboración coa Asociación Comercial Banastra organizou o I Concurso de Relatos Ilustrados de Nadal, ambientados en Ponteareas, un certame que contaba con tres categorías e que contou cunha ampla participación: 23 relatos na categoría adulta, 10 en categoría xuvenil e máis de 30 na categoría infantil.
O xurado, formado pola escritora María Lado; polo xornalista e escritor Manrique Fernández e polo catedrático de debuxo Berto Álvarez, salientou a calidade e o esforzo das e dos participantes por establecer unha simbiose entre os textos e as ilustracións que os acompañaban, sobre todo na categoría adulta.
Ante o nivel dos relatos, na categoría adulta, decidíuse dar un accésit.
Categoría Infantil
- Roi Lamela Rodríguez co relato ‘Papá Noel e os toques de queda’
 - Iria Barros Rodríguez co relato ‘Concurso de debuxos’
 - Zoe Rivas Rosende co relato ‘As Chamas’
 
Categoría Xuvenil
- Lidia Martínez Pérez co relato “Un regalo de valor incalculable”
 - Rebeca Núñez Álvarez co relato “Relato”.
 - Yanira Pérez Fernández co relato “A lenda do home de vermello”
 
Categoría Adultos
- Isabel Blanco co relato ‘Cea de Nadal’
 - Alexandro Bouzo Otero co relato ‘Lupus’
 - María José Pérez Rodríguez co relato ‘A segunda oportunidade’
 - Áccesit: Tere Ríos co relato ‘Uxía debuxa o Nadal’
 

