Este xoves haberá unha actividade moi especial na Biblioteca de Chapela. Será o festexo do 15º aniversario do centro coa actuación do músico Xoán Curiel.
Conto-concerto “Como montar a túa banda”, con Xoán Curiel
Xoves 1 de outubro, ás 18:30 h.
Xoán Curiel ofrecerá un espectáculo participativo onde se mesturan música de diversos estilos (funk, rock, pop, reagge) con elementos teatrais ou “clown”, conducido a través da narración dunha historia moi divertida que orixina o nacemento dunha banda musical.
É un espectáculo infantil e familiar, recomendado para nenos/as entre 5 e 10 anos.
É preciso inscribirse na biblioteca.
Dadas as previsións metereolóxicas a actividade non se poderá desenvolverse no exterior, así que trasladarémola ao auditorio do Piñeiral do Crego. Dese xeito hai máis espazo, e abrimos novas prazas para asistir. Podédevos anotar:
- Teléfono: 986 454 226
- Correo-e: [email protected]
A actividade desenvolveranse con todas as medidas de seguridade e hixiene frente á Covid-19, e terá lugar dentro do programa “Ler conta moito” da Consellería de Cultura e Turismo para a Rede de Bibliotecas de Galicia.
Podes atopar máis información na ligazón: https://bibliotecasredondela.blogspot.com/2020/09/conto-concerto-con-xoan-curiel-este.html