Hoxe martes continúan as actividades culturais programadas polo Concello de Baiona e o seu departamento de Cultura dentro do Baiverán 2020.
O cine abrirá esta semana no Parque da Palma. Hoxe, ás 23:00h, proxectarase en pantalla xigante o filme “Spiderman: lejos de casa”.
O mércores, tamén no Parque da Palma ás 23:00h. da noite, terá lugar o concerto de “The hurt fingers”, unha banda orixinaria de Viana do Castelo que fará disfrutar aos amantes do blues e do rock dos anos sesenta e setenta. Interpretarán versións que van dende Bob Dylan a Eric Clapton, The Rolling Stones, The Doors, Neil Young ou Creedence.

O xoves volve a música en directo ao Parque da Palma co concerto do guitarrista e compositor Rubén de Lis, que conta cunha ampla traxectoria internacional.
O venres, na Praza Victoria Cadaval, ás 23:00h., proxectarase o filme “Corgi, las mascotas de la reina”.
Todos os espectáculos estarán supervisados por un técnico de prevención que certificará que o espectáculo sexa seguro tanto para os profesionais que actuarán no Baiverán como para o público en xeral.