Domingo, 4 Maio de 2025

Redondela solicita unha reunión de urxencia coa Consellería do Mar ante a delicada situación la Confraría de pescadores

O Concello de Redondela solicitou unha reunión urxente coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia para tratar a situación delicada da Confraría de pescadores.

A Confraría San Xoán de Redondela está a pasar por unha situación delicada nos últimos tefradmpos, situación que se ve agravada por mor da crise económica derivada do COVID-19.

O pasado mes de xaneiro nomeábase unha nova xunta directiva que pretendía mellorar a situación crítica que se arrastraba dende algún tempo, pero a chegada da pandemia obligou a realizar un parón na recollida que sumado ao peche da hostalería, produciu unha merma significativa das súas vendas.

Dende o Concello de Redondela, en contacto directo coa Confraría, estase a colaborar na medida do posible para paliar os efectos económicos producidos por esta situación insólita.

Entre outras actuacións, o Concello, dotou de medios preventivos a estas traballadoras co reparto de máscaras, así como coa colaboración na recollida das algas durante o pasado mes de maio, poñendo á súa disposición maquinaria e medios técnicos humanos.

A chegada de algas ás praias e a súa acumulación nos bancos de marisqueo, contribúe un dos  graves problemas para as maricadoras, xa que supón unha ameaza para o molusco e contribuír un a coste en tempo e diñeiro inasumible, xa que o depósito dos residuos xera multitude de dificultades.

“É intención do Concello continuar con esta colaboración, asumindo este tipo de actuacións puntuais, pero precisamos que a Xunta de Galicia, asuma as competencias que lle son propias e colabore coa cofradía e co Concello de Redondela para axudar a estes traballadores nun complicado momento económico”. Indicou a alcaldesa.