Yerai, o mozo atropelado por un conductor que fuxiu e puido ser localizado pola Policía Local de O Porriño, evoluciona favorablemente dos múltiples traumatismos ainda que permanecerá ingresado no Hospital Alvaro Cunqueiro. Elena, a súa nai, acudiu onte ao Concello para agradecer persoalmente a investigación realizada pola Policía Local que permitiu o esclarecemento do caso que agora xa está en mans do xulgado.
Lourdes Moure, concelleira de Seguridade e Dani Rodríguez, inspector xefe da Policía Local recibiron a Elena que lles comentou que o seu rapaz, de tan só 20 anos, “puido vencer os piores pronósticos iniciais que apuntaban a que podería quedar para sempre nunha cadeira de rodas”.
Grazas a súa fortaleza física o mozo está presentar unha notable melloría “ainda que restanlle meses de convalecencia e recuperación” segundo explicou a súa nai. De feito, Yerai que é orixinario de Donosti, será trasladado en ambulancia cando os médicos do Cunqueiro o autoricen para continuar o seu tratamento en Guipuzkoa onde reside a súa nai.
Elena agradeceu tanto á Concelleira coma ó Inspector Xefe a sensibilidade amosada para con ela xa que estivo informada permanentemente da evolución das investigacións.

Lembremos que Yerai fora atropelado o pasado xoves 12 na rúa Ramiranes por un conductor que fuxiu. Unha ardua investigación da Policía Local porriñesa permitiu localizar o vehículo implicado no suceso. Trátase de un Audi A3, gris prata que presentaba un forte impacto tanto no parabrisas e outros sinais do percance no frontal dereito e faltaballe unha peza da carcasa do foco dianteiro dese lado. Precisamente esa peza de plástico, localizada polos axentes foi clave para o traballo policial.
Hai dous investigados por un presunto delito contra a seguridade vial, un mozo de 33 anos conductor do turismo que presuntamente provocou o atropelo e a nai deste, como titular do coche, ámbolos dous veciños do Porriño.
Acudiron o pasado 17 de decembro á sede da Policía Local, acompañados dun abogado, para ter coñecemento de que estaban en condición de investigados por este feito nas dilixencias policiais remitidas ó Xuzgado. Por outra parte, o vehículo permanece retirado e custodiado pola Policía Local.