I Forum Transfronterizo

ponteareas

Ponteareas

O PSOE de Ponteareas rexeita o proxecto de parking privado que propón o PP

A concelleira socialista de Vías e Obras e Urbanismo do Concello de Ponteareas, Chus Garrote, asegurou "Ponteareas contará con 50 prazas máis de aparcamento trala remodelación da Praza de Bugallal" e rexeita o proxecto de parking privado que propón o PP ao que lle lembra que "que ningunha empresa quíxose facer cargo do seu parking subterráneo privado". Garrote explicou que "o parking subterráneo custaríalle a cada ponteareán 18.000 euros, o dobre do prezo de mercado".

  • 0

O piragüismo volve a Ponteareas da man da Concellería de Deportes

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, recibíu ao presidente da Federación Galega de Piragüismo (FEGAPI), Alfredo Bea, e ao presidente do Club Tea, Manuel Freiría, para presentar aos medios de comunicación a 3ª proba da Liga Galega de Promoción de Slalom Olímpico, evento deportivo que terá lugar este domingo día 17 a partir das once horas da mañá na Freixa.

  • 0

O Goberno de Ponteareas asegura que "Pías terá unha Casa Cultural"

O Goberno local de Ponteareas, que dirixe Xosé Represas, anunciou a súa intención de dar resposta a unha "demanda histórica" dos veciños e veciñas de Pías que, "tras anos de loita" poderán contar no prazo de poucos meses, cunha edificiación para uso colectivo da parroquia que atenderá. O executivo traballa, para ese fin, na adquisición dunha propiedade con terreo que habilitará como Centro Cultural.

  • 0

Espectáculo sensorial para bebés no auditorio municipal de Ponteareas

A Sala Multiúsos do Auditorio Municipal de Ponteareas acollerá, mañá sábado 16 de xuño, a partir das 11:30 horas, o espectáculo sensorial para bebés «A alfombra máxica». A iniciativa da Concellería de Cultura e Normalización Lingüística que dirixe a nacionalista Hortensia Bautista, enmárcase dentro do proxecto «Apego»

  • 0

ACiP denuncia "descontrol" na ITV e seguros dos vehículos municipais

O feito que a Policía Local de Ponteareas, nun control habitual, descubrise que o tractor municipal destinado ás rozas non contaba con seguro obrigatorio ao día e procedese á súa denuncia, vén de ser utilizado por Alternativa Ciudadana de Ponteareas para denunciar o que o seu portavoz, Juan Carlos González Carrera, cualifica de "descontrol".

  • 0

Unha persoa ferida grave ao envorcar o seu vehículo en Xinzo

Unha persoa resultou ferida grave, logo de que o seu vehículo envorcase na N-120 ao seu paso pola parroquia ponteareá de Xinzo, á altura do cemiterio parroquial. Os feitos aconteceron ás 19:45 de onte cando, por causas que aínda se están investigando, o vehículo, unha furgoneta Renault Kangoo, envorcou ao saírse da vía, impactando contra o muro dunha casa. O accidente tivo lugar nunha zona de longas rectas, con moita visibilidade e con velocidade limitada a 80 quilómetros hora.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS