Sábado, 3 Maio de 2025

O Rosal continúa co seu labor de mellora e recuperación de espazos públicos

Durante as últimas semanas colocáronse bancos e mesas na contorna de Tamuxe, fixéronse obras de mellora no campo de fútbol municipal, e se adquiriu un novo escenario de actuacións

Durante as últimas semanas o Concello do Rosal realizou unha serie de obras ao redor do municipio para continuar co seu traballo de mellora e recuperación de espazos públicos. No parque de Tamuxe colocáronse unha serie de bancos e mesas para facilitar un área de descanso e de lecer á veciñanza e favorecer así, un mellor aproveitamento mellor da contorna.

[su_image_carousel source=”media: 42617,42619,42620,42621″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

O campo de fútbol municipal da Mata tamén recibiu unha man de pintura que renovou en gran parte a imaxe do seu muro interior e exterior O Concello tamén mercou un escenario de actuacións que se estreou en Portecelo. A alcaldesa, Ánxela Fernández, destacou que esta compra dota ao Rosal dunha infraestrutura portátil que permitirá aumentar “a nosa aposta por levar a cultura a todas as parroquias”.

Por último tamén se colocaron soportes para bicicleta no parque das Pías. Con eles preténdese mellorar a accesibilidade da contorna para poder facer do lugar unha área de descanso e lecer.