Sábado, 18 Xaneiro de 2025

Cadetes do C.B. Nigrán, cando crer é poder

Crían que podían, e puideron. Así podería resumirse o que fixo o equipo cadete do C.B. Nigrán que vén de meterse na final da liga desta tempada 2019-2020. O camiño estivo pragado de dificultades, como habitualmente acontece no deporte, e ao longo da tempada houbo moitas veces nas que tiveron que remar contracorrente nunha categoría na que os rivais tiñan un gran nivel competitivo.

Para chegar a esta final máis que merecida, foi preciso un traballo non técnico senón de mentalización: considerar cada partido como unha final para poder estar entre os dous primeiros do grupo, posto que lles permitia xogar os cruces dos dous mellores do outro grupo.

Así, partido a partido o equipo fon quen de meterse entre os catro primeiros da liga o que, xa de por si, era todo un logro. Quedaba agora a semifinal e quedaba enfrontarse a un equipo sempre difícil: o Seis de Nadal.

O primeiro partido, en Nigrán e arroupados polas familias e aficionados, os cadetes do C.B. Nigrán comezaban a soñar. Centrados no partido conseguían gañar por case que vinte puntos de diferencia, un partido menos, un paso máis cara a un obxectivo soñado.

A cancha do Seis de Nadal –todos os que seguimos o baloncesto de base con outros equipos o sabemos de sobra– é máis que complicada. Quedaba pois centrarse nun partido no que os locais, sabendo o que se xogaban, dende o primeiro momento apretaron e non o puxeron fácil. Os de Nigrán tiñan que ofrecer a súa mellor versión… e a deron. Victoria, un pase á final de liga e, de paso, escribir unha páxina na historia do Club Baloncesto Nigrán.

Esta vindeira vin de semana terá lugar a final de liga a dobre partido. O C.B. Nigrán enfrontarase ao sempre complicado PBB do Porriño. Pase o que pase, a fazaña está feita.