Luns, 5 Maio de 2025

A Guarda mellora as instalacións da Oficina de Turismo Municipal

O Concello da Guarda está a acometer as obras na Oficina de Turismo Municipal da Praza do Reló, de cara a mellorar as instalacións e ofertar unha imaxe de calidade aos visitantes. Dende o ano pasado esta Oficina ampliou os seus horarios e centralizou a atención de visitantes e peregrinos que, pola súa situación en pleno camiño de Santiago, realizaban unha parada na súa peregrinación. 

Esta Oficina está integrada na rede de oficinas da Deputación de Pontevedra-Rede Info Rías Baixas e dende o ano pasado conta con informadores turísticos. 

A Oficina de Turismo estreará novas instalacións a comezos de xullo coa apertura ao igual que as demais oficinas da provincia despois de implantar todos os protocolos de hixiene e seguridade para evitar os riscos de contaxio do COVID-19.