11.1 C
Pontevedra
Venres, 1 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: xerais

    Manuel Esteban, «A vinganza dos homes bos»

    Manuel Esteban volve a introducirnos no universo do inspector Carlos Manso, que tan bos resultados lle deu nas súas dúas primeiras novelas; a que iniciou a saga, lembremos, galardoada co Premio Xerais no seu día. Pero se nos anteriores traballos nos presentaba casos independentes, que poden ser lidos de forma separada, nesta ocasión asistimos a unha especie de continuación da saga no punto no que quedou logo da segunda entrega, «O meu nome é Ninguén».

    Daniel Asorey, «As mulleres da fin do mundo»

    Daniel Asorey xa nos sorprendeu gratamente coa súa primeira novela, 'Nordeste', na que se achegaba ao mundo dos cabaçeiros misturando a realidade con pingas de fantasía que dotaban o relato dun fondo moi especial. Agora regresa cunha nova historia na que nos prantexa un futuro distópico que non semella...

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.