Tag: soidade
«Bancos da Amizade» para loitar contra o acoso escolar e a soidade
O Concello de Nigrán instalou esta mañá, na Alameda de San Campio da Ramallosa os dous primeiros 'bancos da amizade' de Galicia, unha iniciativa que xurdíu no 2012 en Florida tras pedirlle a nena Acacia Woodley a súa profesora que se colocase un no patio escolar para combatir a soidade nos recreos. En definitiva, trátase dun recurso que Nigrán extenderá aos seus patios e onde a persoa que se senta transmite aos demais a necesidade de apoio, folgos, alegrías e novas amizades.