Tag: salarios
Roberto Mera cualifica de “falta de ética e indecencia” a “manipulación” do PP sobre o seu salario como concelleiro
O concelleiro nacionalista do Concello de Ponteareas, Roberto Mera, denunciou onte a través dunha mensaxe na súa conta de Whatsapp, o que cualifica de "manipulación de cifras e conceptos" que o Partido Popular fai sobre os salarios dalgúns membros do Goberno a través duns folletos distribuídos entre a cidadanía. "A única intención é a de facer crer a opinión pública que eu e outros compañeiros e compañeiras do Goberno cobramos do concello 40.000 euros anuais", afirma o concelleiro na súa conta de mensaxería instantánea.