7.9 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: ribeira sacra

    Baiona e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra acadan un acordo de colaboración

    O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e o presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luís Guitian, veñen de amoar o interese de ámbolos dous organismos de colaborar para para potenciar estas dúas contornas salientables dentro do ámbito turístico mundial. Por iso, aproveitarán a presentación do primeiro Encontro de Mercados Gastronómicos que promove a Praza de Abastos de Baiona os días 29 e 30 de maio, dedicado este ano aos produtos da Ribeira Sacra.

    O Club Andatui organiza unha saída para percorrer o Canón do río Mao

    O vindeiro sábado, 23 de novembro, o Club Andatui organiza unha nova saída para percorrer a que é, posiblemente, unha das rutas máis botindas da Ribeira Sacra ourensá: o Canón do río Mao.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.