9.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: revista nós

    O Pazo Provincial convértese na ‘Deputación do Tempo’ na celebración do centenario da «Revista Nós»

    Grazas a unha orixinal 'viaxe no tempo', a xeración da 'Revista Nós' que veu a luz no 1920 e a actual xeración da cultura galega, uníronse esta tarde no especialísimo encontro propiciado pola Deputación para celebrar o centenario da emblemática publicación cuxa creación se xestou en Pontevedra. Con '1920 Nós, 2020 Nós-Outr@s', a institución xuntou no escenario teatro, arte e conversa para poñer en valor o papel das mulleres daquela xeración, que marcou un punto de inflexión na historia cultural galega.

    A Deputacion celebra este xoves o centenario da “Revista Nós” cunha “viaxe no tempo” na que as mulleres serán as protagonistas

    A Deputación de Pontevedra vai celebrar o centenario do xurdimento da “Revista Nós” cunha proposta cultural, este xoves ás 19:30 horas no Pazo provincial, que inclúe unha representación teatral e un coloquio a modo de “viaxe no tempo” nos que as mulleres terán un papel clave. “Ao contrario do que acontecía no século XX – asegurou Carmela Silva- hoxe as mulleres son as protagonistas da revolución cultural e en todos os ámbitos que vive Galicia.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.