Tag: recoñecemento extraxudicial de crédito
O PP de Mondariz aproba un cuarto recoñecemento extraxudicial de crédito “a pesar de non estar de acordo coa xestión do Goberno”
O grupo municipal do Partido Popular de Mondariz deu luz verde, cos seus votos, a un novo recoñecemento extraxudicial de crédito de 373.261,66 €, presentado polo goberno que preside o nacionalista Xosé Emilio Barros. As facturas aprobadas por este procedemento –permite aprobar facturas de gastos que efectuaron sen partida orzamentaria– correspóndense con débedas adquiridas polo actual Goberno de Mondariz.
O Rosal aproba, por unanimidade, o recoñecemento extraxudicial de crédito para pagamento a provedores
O Concello do Rosal vén de aprobar en pleno por unanimidade o expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito, 350.000 euros que irán destinados a pagar inmediatamente a todos os provedores municipais. Con esta medida o Goberno municipal busca paliar os efectos económicos negativos que a crise sanitaria por COVID-19 poida causar en empresas, PEMES e autónomos da localidade.
O Rosal convoca un Pleno Extraordinario para aprobar o recoñecemento extraxudicial de crédito
O Concello do Rosal celebrará este mércores 25 de marzo un pleno extraordinario urxente para aprobar o expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para que a Administración poida pagar coa maior axilidade posible as diferentes facturas pendentes sen esperar ao fin da crise sanitaria. A sesión celebrarase a porta pechada e coa asistencia mínima de concelleiros e concelleiras.
O PP de Salceda volve a votar en contra do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito para pagar a provedores
O Equipo de Goberno de Salceda lamentou hoxe o acontecido na Comisión Informativa onde "unha vez máis o Partido Popular de Salceda seguiu na liña de votar en contra do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito que permitirá o pago de 858.457,85 € a diferentes provedores/as do Concello de Salceda", sinala o Goberno local.