14.6 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: reacción polo clima

    Carmela Silva destaca o papel da mocidade contra o cambio climático

    A denuncia sobre os danos aos nosos recursos naturais, a lección da traxedia da pandemia da Covid que debe de servir de aprendizaxe, e a concienciación do impacto da contaminación no planeta con novos formatos e en clave de rap.

    A Deputación lanza a II edición do concurso “Reacción polo clima” con 4.000 € en premios para os mellores audiovisuais sobre o cambio climático

    A Deputación de Pontevedra vén de publicar a segunda convocatoria dos premios “Reacción polo clima” que, dotados con 4.000 €, premiarán ás mellores pezas audiovisuais elaboradas por mozas e mozos da provincia, de entre 16 e 30 anos, centradas no cambio climático. Unha vez publicadas as bases hoxe no BOPPO, rapaces e rapazas poderán presentar desde este martes os seus proxectos para o que teñen de prazo ata o 16 de maio.

    Carmela Silva enxalza o “grande talento e compromiso” da mocidade e da provincia no fallo do primeiro concurso ‘Reacción polo Clima’

    “¡Que talento temos nesta provincia!” asegurou Carmela Silva ao dar a coñecer o fallo do primeiro certame audiovisual “Reacción polo clima”. A presidenta da Deputación de Pontevedra, mostrou o seu orgullo polo grande nivel dos audiovisuais presentados e polo “grande compromiso” da mocidade da provincia. Manuel Albariñas e Yago Rodríguez, de Marín, álzanse co primeiro premio por (IN)CONSCIENTE, unha peza “impactante, que nos fai reflexionar, que nos toca e posiciona fronte ao que estamos a facer co planeta”. Pola súa banda Carmen Villanueva, de Silleda, e Ana Isabel González, de Vigo, acadaron o segundo e terceiro premio polos audiovisuais O cambio climático, non pases de largo e Pequenos xestos, grandes cambios.

    A Deputación súmase ao Día Internacional contra o Cambio Climático co primeiro concurso ‘Reacción polo clima’

    “Para a Deputación de Pontevedra todo o que ten que ver co Medio Ambiente, cos cambios de hábitos e de vidas que respecten a natureza é un obxectivo prioritario”. Con estas palabras, a presidenta Carmela Silva anunciou que a institución provincial celebrará hoxe sábado o Día internacional contra o Cambio Climático co lanzamento do primeiro concurso 'Reacción polo clima', dirixido á mocidade da provincia e que premiará os mellores traballos audiovisuais centrados na loita contra o cambio climático.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.