11.6 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: proxectos

    Susana Fernández, nova directora de proxectos europeos da Deputación

    “Unha muller nova cun currículo impresionante”. Así definiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva, á nova directora de Proxectos Europeos, Susana Fernández López.

    Concello e Deputación exploran os proxectos chave para O Rosal

    Aproveitando a inauguración do mural adicado á memoria histórica das mulleres do Rosal, a alcaldesa, Ánxela Fernández, reuníuse coa presidenta da Deputación, Carmela Silva, para expoñerlle os proxectos prioritarios para o Concello e o municipio.

    A alcaldesa de Salvaterra reúnese coa conselleira de Medio Ambiente para perfilar diversos proxectos estratéxicos

    A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, ven de reunirse coa Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, co fin de presentarlle dous proxectos estratéxicos para o seu municipio.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.