27.4 C
Pontevedra
Venres, 29 de Setembro de 2023
Máis

    Tag: premios provinciais á xuventude

    A Deputación abre hoxe o prazo de solicitudes para os IV Premios Provinciais á Xuventude

    A Deputación de Pontevedra abriu este luns 1 de xuño o prazo de solicitudes para participar na IV edición dos Premios Provinciais á Xuventude, que este ano teñen unha dotación económica de 32.000 euros, o que supón un incremento dun 45 % respecto o ano pasado. O prazo manterase aberto ata o 31 de agosto e as persoas interesadas en participar poden preinscribirse, preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica.

    Carmela Silva, “nesta provincia hai unha verdadeira revolución cultural e, maiormente, ten nome de muller”

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presidiu onte, xunto ás deputadas e aos deputados provinciais a gala dos terceiros Premios Provinciais á Xuventude, presentada pola escritora galega Silvia Pena. No acto, que encheu de mocidade o Salón de Plenos do Pazo provincial, Silva, vestida cun modelo de Miriam Cartagena, alumna de ESDEMGA, como xesto á nova categoría de moda e deseño dos premios, quixo deixar patente o seu optimismo polos proxectos galardonados.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.