15.2 C
Pontevedra
Xoves, 7 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: praza do calvario

    O Rosal xa desfruta da renovación da Praza do Calvario

    O Rosal vén de estrear por todo o alto o novo centro neurálxico da vila coa transformación da praza do Calvario, unha obra que marca “un antes e un despois” na recuperación do espazo público do concello para as persoas e que constitúe o primeiro dos 47 proxectos levados a cabo con financiación do Plan ReacPon da Deputación rematado na provincia.

    A reforma da praza do Calvario obtén a subvención ReacPon da Deputación

    A reforma da praza do Calvario, un proxecto que suporá a mellora e remodelación integral do núcleo urbano do Rosal, acaba de obter a subvención ReacPon da Deputación de Pontevedra, un plan de investimento público que mobilizará 39,1 millóns de euros para acometer grandes actuacións nos concellos da provincia e transformar o territorio.

    O Rosal licita a reforma da Praza do Calvario

    O Concello de O Rosal acaba de licitar a reforma da Praza do Calvario, un proxecto que suporá unha reforma integral deste núcleo urbano. O plan do Goberno local busca recuperar espazos públicos de calidade para a veciñanza, e conta cun orzamento de máis dun millón e medio de euros. Para financiar parte dos traballos, o Concello acaba de solicitar a axuda ReacPon da Deputación de Pontevedra.

    O Concello expón o proxecto da futura Praza do Calvario á veciñanza

    O Concello do Rosal realizou esta semana o proceso participativo de exposición do proxecto de recuperación integral da Praza do Calvario e a súa contorna. Un proceso co que se trata de dar voz á veciñanza que arrancou con sete reunións co tecido celebradas no salón de exposicións do Concello con todas as medidas de seguridade e na que participaron representantes do tecido económico e social.

    O Rosal dá o primeiro paso para a remodelación da Praza do Calvario

    Primeiros pasos para a remodelación integral da Praza do Calvario e a súa contorna. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, tres concelleiros, o arquitecto municipal e dous técnicos da área de Mobilidade da Deputación de Pontevedra pertencentes ao plan Ágora mantiveron este mércores a primeira reunión co equipo da empresa adxudicataria encargada da redacción do proxecto construtivo, básico e de execución para a transformación deste núcleo urbano, Urbin.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.