13.3 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis

    Tag: passvigo

    Digna Rivas afirma que o Goberno local no caso da PassVigo, “non ten máis prioridade que a defensa dos intereses da veciñanza de Redondela”

    O Goberno de Redondela adiantou hoxe a súa intención de recorrer a vía xudicial para defender os intereses dos veciños e veciñas logo do fallo xudicial que, de executarse, os privaría de poder utilizar a PassVigo e gozar das vantaxes do transporte urbano que proporciona a tarxeta. A alcaldesa Digna Rivas adiantou xa que o Concello recorrerá a sentencia e presentará un Recurso de Casación ante o Tribunal Supremo.

    A alcaldesa reúnese sobre a sentencia do TSXG coa A.VV. de Torroso, representante de parte dos veciños de Mos usuarios da PassVigo

    A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, afirma estar “segura de que o Concello de Vigo e o seu alcalde non se atreverán a quitarlle a Pass Vigo aos cidadáns de fóra da cidade olívica, vista a sentencia do TSXG na que se deixa ben claro que a utilización do transporte de viaxeiros non pode ser discriminatoria, como tampouco poden introducirse discriminacións por razón do territorio ou da residencia (artículo 82 da lei galega), rechaza calquera tarifa que diferencie a uns usuarios de outros en razón ao lugar onde residan e declara que supón un trato desfavorecido e discriminado sendo improcedentes as vantaxes tarifarias en razón ao lugar de empadroamento”. Polo que retirar a Pass Vigo á veciñanza non empadroada na cidade sería prevaricar, tal e como esta mañá llo explicou aos veciños dunha das parroquias mosenses interesadas, Torroso, o asesor xurídico do Concello, avogado que levou este caso, nunha xuntanza mantida nos exteriores do local social da Asociación de Veciños, coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro da parroquia de Torroso, Alberto Méndez. A rexedora local mosense está convencida de que “o alcalde de Vigo non se atreverá a quitarnos a Pass Vigo, pero si se atreve a facelo, serán os propios veciños individualmente os que denunciarán persoándose como parte directamente afectada, e desde o Concello apoiarémolos asumindo os gastos derivados do xuízo”. A veciñanza fundamentalmente interesada neste tema é a das parroquias de Torroso, Dornelas e Guizán, que colle diariamente o Vitrasa en Peinador. Se as accións legais as emprende directamente a veciñanza afectada progresará a favor da mesma, porque o motivo da desestimación do recurso de apelación interposto polo Concello de Mos non é máis que unha cuestión meramente formal baseada en que a administración local mosense non ten facultades para alzarse fronte a actuacións que repercutan na esfera patrimonial dalgúns dos veciños do municipio por máis que poidan ser ilegais, nin exercitar accións en defensa dalgún grupo de veciños, para o que non ostenta lexitimación. O que quere dicir que se fosen os propios veciños afectados os que tiveran presentado o recurso, este sí houbese sido estimado.

    O Concello de Mos logra que o TSXG ratifique a ilegalidade do criterio do empadroamento para establecer a taxa da PassVigo

    O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven de desestimar o recurso contencioso-administrativo interposto polo Concello de Mos ante a pretensión de Vigo de aplicar tarifas discriminatorias no transporte público urbano en función do empadroamento a través da tarxeta PassVigo.

    Digna Rivas, “non teño máis prioridade que a defensa das miñas veciñas e veciños”

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, ante as “supostas declaracións” realizadas sobre a sentenza da PassVigo e as manifestacións do PP de Redondela nas que acusaba a rexedora local de non querer defender os intereses do municipio, asegurou hoxe que, “ao contrario que o meu antecesor no cargo, que só facía o que lle mandaban dende Santiago, eu non teño máis prioridade que a defensa dos intereses dos meus veciños e veciñas fronte a quen sexa e en calquera circunstancia”.

    AER lémbralle Bas que o recurso á PassVigo foi presentado polo Concello, “nin polo PP nin por Javier Bas como persoa física”

    A sentenza pola que o Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Vigo declara que a esixencia de empadroamento como condición para a obtención da nova tarxeta de transporte PassVigo e as declaracións do exalcalde de Redondela, Javier Bas, nas que sinalaba que "que a sentenza era unha vitoria do seu equipo, e que seguira adiante sen o apoio de ninguén", foron hoxe obxecto de matización, clara e precisa, por parte da Agrupación de Electores de Redondela (AER).

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.