18.5 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: parroquia a parroquia

    “Covelo parroquia a parroquia” percorrerá os 154 km2 do concello ao rescate da riqueza toponímica

    Poñer en valor a microtoponimia do noso concello é o obxectivo do proxecto “Covelo, parroquia a parroquia”. Esta iniciativa, que arrincou o ano pasado coa edición do libro “Barcia de Mera, notas de toponimia, historia e patrimonio”, aterrou en Santa Mariña hai uns meses co apoio do Concello.

    Mos presenta ‘Parroquia a parroquia’ programa de apoio aos grupos do Plan Cultural

    A Concellería de Cultura do Concello de Mos, que dirixe a edil Sara Cebreiro, pon en marcha desde hoxe venres 16 de xullo, un programa estival de actuacións musicais polas parroquias, titulado ‘Parroquia a parroquia’.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.