27.4 C
Pontevedra
Venres, 29 de Setembro de 2023
Máis

    Tag: pago a provedores

    Redondela prioriza a tramitación de facturas ás persoas e empresas provedoras do Concello

    O Concello de Redondela vén de tomar as medidas oportunas para “priorizar ao máximo posible” o pagamento de facturas ás persoas e empresas provedoras do Concello. A medida adoptada polo Goberno que preside Digna Rivas, busca “que os nosos provedores e provedoras non teñan problemas de liquidez e poidan manter a súa actividade laboral e empresarial nestes tempos complicados”, explica a alcaldesa de Redondela.

    A Deputación axiliza aínda máis o pago e provedores para “axudar a garantir a liquidez empresarial”

    As xefaturas de tódolos servizos administrativos da Deputación de Pontevedra recibiron esta mañá unha instrución, para apurar ao máximo a tramitación do pago de tódalas obrigas con provedores e empresas. A medida ten por obxecto colaborar ata o límite do que permita a normativa económico-financeira na liquidez das empresas e autónomos que realizan obras, subministracións ou prestan servizos á Deputación

    O PP de Salceda volve a votar en contra do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito para pagar a provedores

    O Equipo de Goberno de Salceda lamentou hoxe o acontecido na Comisión Informativa onde "unha vez máis o Partido Popular de Salceda seguiu na liña de votar en contra do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito que permitirá o pago de 858.457,85 € a diferentes provedores/as do Concello de Salceda", sinala o Goberno local.

    O PP do Porriño recorre aos tribunais “ante a actitude antidemocrática” da alcaldesa

    O Xulgado Contencioso Administrativo Nº 2 de Pontevedra, vén de admitir a trámite o recurso interposto polos populares do Porriño contra o Concello "por vaciar de contido o pleno extraordinario, convocado para o 26 de agosto a instancia do PP", no que se instaba á revisión de oficio dos máis de 5 millóns de euros en facturas irregulares que, a día de hoxe, se adeudan a provedores.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.