11.8 C
Pontevedra
Xoves, 2 de Maio de 2024
Máis

    Tag: nuria lameiro

    Gondomar aposta pola sensibilización e denuncia da violencia machista en todas as súas expresións no programa do 25N

    O Goberno local de Gondomar, a través da súa concellería de Igualdade dirixida por Nuria Lameiro, programou diversas actividades para que a sensibilización e a denuncia da violencia machista "en todas as súas expresións" sexan o eixo ao redor do que xire o programa do 25N.

    Gondomar reafirma a súa loita pola igualdade con charlas nos CEIP do municipio

    A Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar que xestiona Nuria Lameiro, vén de organizar –a través do CIM–, obradoiros que se impartiron nos centros escolares do municipio; un dirixido á educación afectivo-sexual e outro á detección dos micromachismos. A iniciativa comezou o pasado 22 de abril no CEP Neira Vilas e finalizan mañá, día 5 de maio, no CEIP Chano Piñeiro, logo e ter pasado tamén polo CEIP Souto Donas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.