9.6 C
Pontevedra
Domingo, 3 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: museo etnográfico

    Redondela pon fin a unha reclamación histórica conseguindo a cesión gratuíta do edificio das antigas casas dos mestres

    O Concello de Redondela vén de dar resposta a unha reclamación histórica como era a da cesión do edificio da casa dos mestres, desafectado dende o ano 2006 e, dende entón pertencía ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Cabe lembrar que o pasado 8 de xullo, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asinaba a acta pola que o Ministerio cedía ao Concello, de xeito gratuíto, a edificación coñecida como "as antigas vivendas dos mestres".

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.