Tag: miriam martínez
O BNG do Porriño chama ao consenso para “evitar unha alcaldía do PP”
A dirección local do BNG do Porriño anunciou que vai favorecer un acordo de esquerdas "pero non comparte que nas negociacións mantidas entre os grupos se antepoñan intereses partidistas nin que se esixan salarios e cargos de confianza". A situación actual, aseguran os nacionalistas "esixe amplitude de miras para poñer por diante o interese xeral e a calidade de vida das persoas, que para nós é o prioritario".