11.1 C
Pontevedra
Venres, 1 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: mindtech

    Carmela Silva pon o foco na MIC do Mindtech na urxencia de “dar o salto para que as mulleres sexan líderes tecnolóxicas” na transformación dixital

    A urxente necesidade de que as mulleres estean presentes “en todos os retos da transformación total e absoluta” que está a vivir a Humanidade da man da tecnoloxía e dixitalización centrou hoxe a intervención da presidenta da Deputación de Pontevedra na apertura da Conferencia Internacional da feira Mindtech en Vigo. Na apertura da MIC, xunto a vicepresidenta primeira do Goberno de España e Ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, Carmela Silva incidiu na importancia de que as mulleres “poidan formarse e adquirir a posición para ser dirixentes das tecnolóxicas”.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.