Tag: memoria
Nigrán continúa coa súa programación da memoria homenaxeando a Xohana Torres
O Concello de Nigrán continúa coa súa programación especial adicada á ‘Memoria’ coa homenaxe este sábado 20 de novembro a Xohana Torres (Santiago, 1931 - Vigo, 2017), unha das escritoras máis importantes da posguerra e o franquismo en lingua galega e que mantivo un especial vínculo co municipio ao pasar en Monteferro boa parte da súa vida.