Tag: maria adrio
O incremento de contratos fixos en xaneiro en Pontevedra “primeiro síntoma do avance social da Reforma Laboral” segundo o PSOE
O PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra asegurou onte que "é un día de felicidade" trala convalidación por parte do Congreso do Real Decreto Lei da Reforma Laboral, en vigor dende o comezo deste ano. O secretario xeral provincial, David Regades, acompañado polo deputado Guillermo Meijón; a deputada Olga Alonso e a senadora María Adrio, valorou os avances en materia laboral do Goberno presidido por Pedro Sánchez.