Tag: maios
Redondela achega a historia dos ‘maios’ a través da exposición ‘Os Maios, a festa da primavera’
Ante a imposibilidade de poder celebrar a tradicional Festa dos Maios en Redondela debido ás limitacións e precaucións derivadas do Covid-19, a Concellaría de Cultura decidiu manter a conexión coa festa creando, este ano, unha Exposición ao aire libre na que as persoas podan experimentar unha viaxe fotográfica pola historia dos Maios en Redondela.