16.4 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Maio de 2024
Máis

    Tag: luar

    Moisés Cerezo, un novo mosense recanteiro

    Moisés Cerezo, nado e residente na parroquia de Pereiras, outro recanteiro que compite pola zona de Vigo no programa LUAR da TVG. Participará na primeira fase o vindiro venres 30 de setembro.

    Este venres comeza a andaina de Noelia Porto no ‘Recantos’ do ‘Luar’ da TVG

    Este venres 18 de setembro, comeza a andaina da ponteareá Noelia Porto nos 'Recandos' da TVG. Este venres a cantante de Guláns cantará xunta a súa compañeira representante das Terras de Compostela e o farán, tal e como marca a dinámica do programa, primeiro unha canción individual cada unha delas e logo unha a dúo.

    A ponteareá Noelia Porto participará na nova edición de ‘Recantos’ do ‘Luar’ da TVG

    Se Ponteareas ten na música un dos seus sinais de identidade, algo que ninguén dubida, a parroquia de Guláns cheira a música polos catro costados. Non é polo tanto de estrañar que unha filla desas terras, Noelia Porto, fora elixida para participar na sección de Recantos do incombustible 'Luar' da TVG para representar ás comarcas do Condado, A Paradanta e o Baixo Miño.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.