11.4 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: lamiña

    Costas do Estado remata a escollera provisional de protección da praia Lamiña-Forte

    Despois de case dous anos de xestións por parte do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e cando a situación, no punto máis crítico da praia, facía prever que a duna non aguantaría un inverno máis, e se produciría a inundación da depresión existente tras ela; Costas do Estado acometeu unha escollera provisional que permitirá frear a erosión do litoral mentres se traballa no proxecto definitivo de 'Estabilización da Marxe do río na súa desembocadura'.

    Regades pon en valor as sinerxias das administración socialistas “para darlle solución ás necesidades da Guarda”

    O secretario xeral do PsdG-PSOE de Pontevedra, David Regades, desprazouse esta mañá ata A Guarda, acompañado polo candidato ao Congreso, Guillermo Meijón e a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, para coñecer de primeira man os proxecto estatais que se están levando adiante no municipio. Acompañados do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, concelleiros e membros da agrupación local, visitaron en primeira instancia o xacemento arqueolóxico do 'barrio de Mergelina', en Santa Trega.

    Olga Alonso e Modesto Pose apoian a Lomba na procura dunha solución á Lamiña

    Olga Alonso e Modesto Pose participaron este mércores nun encontro organizado pola agrupación municipal socialista da Guarda na que brindaron o seu apoio ao actual alcalde e candidato á reelección, Antonio Lomba, para buscar unha solución á praia da Lamiña.  Como expuxo o alcalde, que se mostrou agradecido pola visita...

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.