14.6 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: josé miñones

    O Goberno reafirma o compromiso coa transformación do turismo en Galicia cun investimento de 1,5 M€ no Concello de Oia

    O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reafirmou hoxe o compromiso do Goberno do estado coa cohesión territorial e o impulso ao turismo sostible de Galicia e puxo como exemplo o apoio que ven de acordar o Ministerio de Industria para o desenvolvemento do Plan de Sostibilidade Turística do Concello de Oia, que percibirá 1,5 millóns de euros

    O delegado do Goberno confirma o investimento de 500.000 euros para a humanización da Avenida de Portugal de Tui

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu onte na Casa do Concello ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e á subdelegada do Goberno na provincia, Maica Larriba, cos que mantivo unha reunión de traballo. Posteriormente desprazáronse até a Avenida de Portugal, cuxo proxecto de humanización, por importe de 500 mil, xa foi aprobado polo Goberno centra

    O delegado do Goberno reúnese por videoconferencia con Sandra González e Fernando Nogueira, impulsores do ‘Parque dá Amizade’

    O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, mostrouse convencido de que o 'Parque dá Amizade' converterase en símbolo do irmandamento entre Galicia e Portugal. Así llo trasladou nunha videoconferencia aos promotores desta iniciativa –a alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira–, que se presentará este sábado na fortaleza de Goián (Tomiño).

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.