Tag: ione belarra
Carmela Silva e Ione Belarra sentan as bases dunha estratexia de colaboración conxunta para avanzar no cumprimento da Axenda 2030
A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva e a secretaria de Estado da Axenda 2030 Ione Belarra sentaron as bases dunha estratexia de colaboración conxunta e alianza entre institucións para dar cumprimento aos ODS e aos retos da Axenda 2030. No transcurso do encontro telemático celebrado esta mañá, Silva deu a coñecer as iniciativas lideradas pola Deputación de Pontevedra que sitúan á Axenda 2030 como a súa “política tractora e unha folla de ruta na que levamos traballando desde fai catro anos”.