Tag: igualade
A Deputación lanza «Conectadas» con máis de 30 accións formativas gratuítas para entidades que promoven a igualdade
A Deputación de Pontevedra arranca unha nova edición do programa 'Conectadas' despois de dous anos de parón pola pandemia. Deste xeito, a Xunta de Goberno aprobará este venres o expediente para contratar a xestión desta iniciativa, que ofrece ás asociacións, federacións e fundacións que teñen por obxectivo a igualdade un total de 30 accións formativas gratuítas, cun orzamento de preto de 324 000 euros.